
Català Euskera Galego Castellano
Nos últimos meses téñense publicado numerosas noticias de agresións LGBTIfóbicas. A sucesión de ataques, algúns moi violentos, e mesmo un asasinato con motivación homófoba, está a lograr estender o medo entre as persoas LGTBI e está a recibir unha gran atención mediática e política. A preocupación, o medo, a rabia son emocións comprensibles e lexítimas perante esta violencia, explicada de maneira alarmista polos medios de comunicación. Con todo, esta é a forma na que a LGBTIfobia nos vence.
Contra o pánico e a vinganza. Non podemos deixar que nos domine o medo nin a rabia. Non podemos permitir que se estenda un pánico social que coarte a nosa liberdade e nos devolva aos armarios. Non daremos aos agresores o pracer de escondernos, pois esa sería xustamente a gran vitoria da LGBTIfobia; seguiremos amosando a nosa pluma e os nosos corpos e identidades disidentes sen complexos, no espazo público e en todas partes. Tan libremente coma sempre.
Tampouco gañamos nada cunha comunidade LGBTI que esixe vinganza e cadea para os agresores. Compartimos a rabia, a tristura e a sensación de impotencia e pensamos que é importante poder berrar con todas as nosas forzas #XusticiaParaSamuel, chorar colectivamente a súa perda e falar cos nosos achegados e as nosas compañeiras do medo que sentimos.
Porén, é importante recordar que historicamente o colectivo LGBTI ten sido especialmente reprimido e atacado polos poderes castigadores do Estado (pensemos en Stonewall ou na Lei de Vagos e Maleantes). Coñecemos ben o que ten significado a policía, o sistema penal e a cadea para a nosa comunidade. Por iso, non podemos permitir que a LGBTIfobia sexa a escusa para darlle máis poder a un sistema penal que persegue sistematicamente e de forma desigual á persoas precarias, racializadas e todo tipo de disidencias. Ademáis, o cárcere non elimina a homofobia, senón que a agrava. A xustiza ten que ver con outra cousa.
Tamén advertimos que a instrumentalización da rabia e o medo fan crecer o monstro do fascismo. Quen máis fala de castigo e de medo é a extrema dereita, que emprega estes sentimentos para canalizar o seu discurso de odio e estender o racismo na sociedade mentres defende os intereses dos poderosos. Negámonos a alimentar a guerra do último contra o penúltimo.
A resposta debe ser outra. Ante as agresións, non podemos deixarnos levar polo cortoplacismo e as respostas doadas, non podemos deixarnos convencer por quen quere máis vixilancia, máis policía e máis cárcere ou por quen aproveita para sinalar a outros grupos oprimidos. O único camiño para acabar coa LGBTIfobia é destruir os imaxinarios heteropatriarcais que a xustifican e sosteñen. Para iso, é imprescindible reforzar a sensibilización en diversidade sexual e de xénero en todos os ámbitos e institucións da sociedade: para todo o mundo, poñendo todos os recursos.
Por desgraza, mentres libremos esta batalla, seguiremos a recibir noticias de agresións. Perante isto, é preciso reforzar a atención ás vítimas de LGBTIfobia, proporcionándolles todo o apoio necesario e mellorando a atención social e psicolóxica. Tamén será preciso desenvolver estratexias de autodefensa LGBTI e precisaremos comunidades fortes que preveñan, acompañen e acollan a quen sufra agresións. E teremos que traballar con quen comete estas agresións, con procesos de reparación e garantías de non repetición, fuxindo da lóxica do castigo que nunca ten resolto ningún problema social.
Non queremos vivir con medo. Non permitiremos que a tristura nos tombe. Perante a LGBTIfobia, máis visibilidade, máis liberdade, máis comunidade.
Nin vinganza nin castigo: mudalo todo.
Pau Canals, activista LGBTI
Pablo Castaño, activista LGBTI
David Jiménez, activista LGBTI
Elizabeth Duval, filósofa
Virginie Despentes, escritora
Marc Giró, periodista
Empar Pineda, activista LGBTI
Rodrigo Araneda, activista migrante y LGTBI
Samantha Hudson, artista
Maria Rodó, activista feminista e investigadora
Rubén Serrano, escritor y activista LGTBI
Roy Galán, escritor y activista LGTBI
Elena Longares, activista LGTBI
Aitzole Araneta, activista LGTBI
Javier Sáez, activista
Lucas Platero, académico y activista
Bel Olid, escritora
Fefa Vila, activista LGTBI
Miquel Missé, activista LGTBI
Olga Jubany, coordinadora del Grup de Recerca en Gènere, Identitat i Diversitat (UB)
Lupicinio Íñiguez-Rueda, profesor de psicología social (UAB)
Cristina Garaizábal, psicóloga
Miriam Solá, activista LGTBI
Carmen Romero, activista transfeminista y queer
Sejo Carrascosa, activista LGTBI
Pol Galofre, activista LGTBI
Francis Reina, activista LGBTI
Jordi Mas, professor d’Antropologia Social (UB)
Ignacio Elpidio Domínguez Ruíz, antropólogo y profesor (UB, UOC)
Edu Libra (Las Bajas Pasiones), músico y activista
Joan Pujol Tarrés, profesor de psicología social (UAB)
Trusty, músico y activista LGTBI
Laura Macaya, activista LGTBI
June Fernández, periodista
Josan Langarita, professor de Pedagogia i Treball Social (UdG)
Clara Peya, música
Teo Pardo, activista trans
Gabriela Wienner, activista migrante y LGTBI
Marisela Montenegro, académica
Gerard Coll-Planas, académico y activista LGTBI
Ramón Martínez, profesor y activista LGTBI
Jordi Barbero, activista LGBTI
Ángel Camacho Hervás, militant LGBTI i de l’EI
Mireia Vehi Cantenys, diputada CUP-PR al Congrés dels diputats
Mili Hernández, librera
Bibiana Fernández, actriz
Mar García Puig, diputada y editora
Christo Casas
Ada Colau, alcaldesa de Barcelona
Jéssica Albiach Satorres, diputada del Parlament de Catalunya
Sam Fernández, activista LGBTI
Tània Verge Mestre, consellera d’Igualtat i Feminismes de la Generalitat de Catalunya
Alana S. Portero
Pablo Rivero, actor
Santi Bonnín
Àlex Suàrez Artís
Laura Pérez Castaño, tinenta de alcaldia de Derechos Sociales, Justicia Global, Feminismos y LGTBI (Ajuntament de Barcelona)
Susanna Segovia, diputada al Parlament
Leo Bejarano, ambientòleg
Rafael M. Mérida Jiménez (UdL)
Basha Changue, diputada CUP al Parlament de Catalunya
Alex Robles, activista LGBTIQ+ y filósofo
Laure Vega, cambrera i militant de l’EI
Raül Ortega Celdran, estudiant de filosofia i militant LGBTI
Jorge Aleman, psicoanalista y escritor
Mireia Mata i Solsona, secretària d’Igualtats, Generalitat de Catalunya
Clara Serra, escritora y filósofa
Paloma G. Villa, activista y diputada en la Asamblea de Madrid
Xavi Florensa, director general de Polítiques públiques LGBTI+, Generalitat de Catalunya
Bernat Aragó, activista LGBTI
Eduardo Rubiño, diputado de la Asamblea de Madrid
Bob Pop, crítico de televisión
Natàlia Sànchez Dipp
Andreu Agustin, director del Centre LGTBI Barcelona
Elena Vaquero, activista feminista
¡Consulta la lista completa de adhesiones!
Colectivos firmantes:
Crida LGBTI
Atzagaia, assemblea marica
Asociación AGAPE
Asociación Pasaje Begoña
Chiguitxs LGTB+ Palencia
Lumagorri
Awen LGTBI+ León
Iguales LGTB+
Comité Antisida de Salamanca
Asociación Novelda LGTBIQ+
Projectil Escènic, col·lectiu activista d’arts escèniques per les dissidències sexuals
Entenem Santa Coloma
Mujeres Jóvenes de la Región de Murcia: 8 de marzo
Centro KessiDs
Lo Relacional
Asociación de ex-presos sociales
AfroFemKoop
8M Lavapiés
Proyecto Reencuadre
Bisexuales y combativas
Sa clau de s’armari (Colectivo LGTBIQ de Ibiza y Formentera)
InOutRadio, la radio lésbica
Librería Mary Read
Obeti: Observatorio Ético Internacional
Poc a Coop, cooperativa
Catalunya en comú
En comú Podem
Pvlse Vigo LGTBIQ+
Joves Ecosocialistes
Spanish Revolution (medio)
Espai de Dones La Tetera, València
Guerrilla Raval
Associació 17 de Maig
Associació Encara en Acció, moviment afectiu, sexual i de gènere
L’Aldarull
Mediterrània LGTBI
Associació Colomenca de Dones Àrtemis
Asociación Imagina MÁS
Cuerpos Periféricos en Red
Proud LGTBI Ripollet
Castelló LGTBI
FIRMES – Federación Internacional de Resistencia Migrante en España
FemArt de Ca la Dona (Barcelona)
Agita’t Gràcia
EHGAM (Euskal Herriko sexu askapenerako mugimendua)
Fem Sant Antoni (plataforma veïnal)
Ververipen, Rrom por la Diversidad
Colectivo Familias HD (heterodisidentes)
Associació Juvenil Sin Vergüenza
EmpoRderats. Associació LGTBI del Baix Empordà
ARELAS, asociación de familias de menores trans de Galicia
A*DESK
Acción en Red Madrid
Red de Hombres por la Igualdad, Equidad y Diversidad de Granada
Continta Me Tienes
Asociación Foro por la Paz
Todes Transformando (Córdoba)
Transductores
Les Agulles, assemblea feminista de Begues (Barcelona)
Colectivo La Recortada
Ateneu del Raval
Convivir sin Racismo Murcia
Asociación Errespetuz
La Morada. Cooperativa feminista de vivienda
Marea Arcoíris Rioja
Colectivo Galactyco
Ateneu La Base
CooperaSec
Colectivo i de Intersex
ATC Rainbow CyL
DonesGràciaRepública
Valldigna LGTBI
Iaioflautas
Àmbit LGTBI+ de CCOO (FSC) de Catalunya
Queer-fest, col·lectiu LGTBIQ+ de Castelló
Gaylespoint, revista LGBTIQ+
Mallorca Gay Men’s Chorus
Dialogay, asoc LGTBI+ por la cotidianidad y desarrollo de las diversidades afectivas y sexuales
Orgullo Vallekano
Casal Lambda, primera entitat LGTB de Catalunya i Estat espanyol
Asociación LGTBI Aranda
Apoyo Positivo
Ben Amics, associació LGTBI de les Illes Balears
Crezco, familias LGTB de Andalucía
Associació Tornem-hi! Col·lectiu LGTBIQ+ de Badalona
Docentes LGTBI+Acciónenred Andalucía
Esquerra Republicana de Catalunya
Asociación Feminista de Mendavia
Grant Librería
La Cruïlla, casal independentista de l’Eixample
Polièdrica Magazine
EntreTotes CUP Terrassa
QWERTY
Grup LGTBI UGT Catalunya
Fundación Entretantos
Jovent Dissident
Proyecto En Plenas Facultades / Projecte En Plenes Facultats
SINDIHOGAR / SINDILLAR, Sindicato de trabajadoras del Hogar y de los Cuidados, Barcelona
NUS Cooperativa – acció social i creativa
Col·lectiu Voliaina Pallars
ACATHI: asociación de personas migradas y refugiadas LGBTIQ+
Ca La Dona
Stop SIDA
Tenerife Transfeminista
Colectivo Agrocuir da Ulloa
Projecte Ulex
Coopd’Era, SCCL
Acción en Red Asturies
Servei Civil Internacional de Catalunya
Avante LGBT+
ALDARTE Centro de atención y documentación LGTBI
Medusa (Figueres)
Podem Catalunya
Punto de Igualdad Municipal Espartinas (Sevilla)
Gender and LGBT Lab
Xarxa d’Entitats LGBTIQA del Territori
Chrysallis Catalunya
Colectivo Hipatia (R. Murcia)
Creación Positiva
Associació LGTB Terrassa
Rede Educativa de Apoio LGBTIQ+ de Galicia
Red LGTBI de VerdesEQUO Asturias
Les Coruña
Colectivo de Prostitutas de Sevilla
Batzarre (partido político de Navarra)
Òmnium Cultural
Col·lectiu On Són Les Dones
CooperAcció
AMUNT LGBTI, associació LGBTI d’Arenys de Munt
¡Firma!
Contra la LGBTIfobia: cambiarlo todo para ser más libres
Tweet